h1

Estimado/a Alcalde:

 

O Servizo Galego de Saúde está a abordar o Plan Funcional e Plan de Espazos do Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC) que constituirán a base do proxecto das obras necesarias para este Centro para os próximos anos. Con tal motivo poñémonos en contacto con esa Institución co fin de que podan contribuír na mellora da funcionalidade e deseño dos recursos asistenciais do novo CHUAC.

 

Poden achegar as súas propostas á dirección de correo electrónico: novochuac@gesmedica.es. Estas propostas deberán axustarse, na medida do posible, ao cuestionario que se lles achega. Se non fose así, agradeceriamos que, a documentación que envíen teña a mesma estrutura (Servizos/Prestacións; Accesibilidade; Espazos; Confortabilidade/Humanización e Outros).

 

A data límite de recepción de propostas será o 20 de maio.

 

Ademais da vosa contribución como Institución está a vosa disposición, como de toda a cidadanía, unha enquisa de participación, de cara a que todos os usuarios do hospital/centro de saúde podan suxerir ideas tanto a traves da web novochuac.com, como en formato papel, que poden atopar distribuída nos diferentes centros asistenciais do ámbito desta Xerencia.

 

Agradecemos de antemán a súa participación. Un cordial saúdo

 

 

D. Luís Verde Remeseiro

Xerente de Xestión Integrada da Coruña

A Coruña, 8 de abril  de 2019​

Documentos relacionados Documentos relacionados