h1

Estimado/a Sr/Sra:
 
O Servizo Galego de Saúde está a abordar o Plan Funcional e Plan de Espazos do Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC) que constituirán a base do proxecto das obras necesarias para este Centro para os próximos anos. Con tal motivo poñémonos en contacto con esa Asociación/Institución co fin de que poidan contribuír na mellora da funcionalidade e deseño dos recursos asistenciais do novo CHUAC.
 
Poden achegar as súas propostas á dirección de correo electrónico: novochuac@gesmedica.es. Estas propostas deberán axustarse, na medida do posible, ao cuestionario que se lles achega. Se non fose así, agradeceríamos que, a documentación que envíen teña a mesma estrutura (Servizos/Prestacións; Accesibilidade; Espazos; Confortabilidade/Humanización e Outros).
 
A data límite de recepción de propostas será o 20 de maio.
 
Ademais da vosa contribución como Asociación/Institución está a vosa disposición, como de toda a cidadanía, unha enquisa de participación, de cara a que todos os usuarios do hospital/centro de saúde podan suxerir ideas tanto a través da web novochuac.com, como en formato papel, que poden atopar distribuída nos diferentes centros asistenciais do ámbito desta Xerencia.
 
Agradecemos de antemán a súa participación. Un cordial saúdo
 
D. Luís Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña
A Coruña, 10 de abril  de 2019

Documentos relacionados Documentos relacionados