h1

En 1942 o Ministro de Traballo, José Antonio Girón e Velasco, implanta o Seguro Obrigatorio de Enfermidade (SOE) (coñecida como Lei Girón), creándose a Rede de Institucións Sanitarias da Seguridade Social. En 1944 apróbase a Lei de Bases de Sanidade Nacional.  O SOE queda a cargo do Instituto Nacional de Previsión (INP), como entidade aseguradora única.

Os novos centros asistenciais do Seguro que se levantan denomínanselles de maneira eufemística Residencias  e aos dispensarios externos Ambulatorios ou Consultorios, para evitar calquera referencia á asistencia benéfica para pobres que se ofrecía nos vetustos Hospitais.  As Residencias concibíanse na súa estrutura arquitectónica e na súa organización interna non como un hospital moderno senón como grandes estruturas sanatoriales, imitación dos sanatorios privados. Neles non existían Servizos Centrais como o arquivo de historias clínicas, os laboratorios xerais ou o Servizo de anatomía patolóxica. Non había cooperación entre os distintos cirurxiáns que se limitaban a operar aos seus enfermos sen ningún tipo de responsabilidade colectiva no Centro.

A Residencia Juan Canalejo foi o primeiro hospital de España do Plan Nacional de Institucións Sanitarias. Inaugúrao Francisco Franco en xullo de 1951 con 250 camas. Foi o seu primeiro director Sierra Furner. Para o novo hospital buscouse un nome relacionado co Réxime, Juan Canalejo fora o fundador da Falanxe da Coruña e morre en Paracuellos do Xarama en 1936.

O desenvolvemento do hospital vai unido ao da Sanidade española. En 1962 apróbase a Lei de Hospitais, a primeira destas características no noso país. O seu principal obxectivo foi a modernización da estrutura hospitalaria española, desde un sistema benéfico a un modelo de organización asistencial hospitalaria. Este cambio supuña o abandono gradual da beneficencia, incrementándose o número de afiliados á  a Seguridade Social, que a comezos de 1960 chegaba ao 50% da poboación.

En 1985  inaugúrase o Hospital Teresa Herrera no edificio da antiga Residencia. O seu nome débese á fundadora do desaparecido Hospital da Caridade en 1791 na Coruña.

 
Postal da antiga residencia e momento da inauguración do Teresa Herrera
imagen 1.jpg