h1

A Ley de Ordenación Farmacéutica de Galicia sinala que os Servizos de Farmacia de hospital deben participar na formación pregrado e postgrado dos profesionais sanitarios.

Docencia PREGRADO: prácticas tuteladas

Na Comunidade Autónoma Galega existe un Convenio de Cooperación formativa entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas polos alumnos da Facultade de Farmacia (Santiago de Compostela, 24 de Jullo de 1995) . O obxectivo das prácticas tuteladas neste convenio é completar a formación persoal do alumno, ademáis de propiciar o contacto persoal co mundo real do traballo.

Docencia POSTGRADO

Tutores FIR

José María Gutiérrez Urbón

Juan Carlos Yañez Rubal

O Real Decreto 2708/1982 de 15 de Outubro (BOE 30 de Octubre de 1982), regulou en España os estudos de especialización farmacéutica e a obtención do titulo de farmacéutico especialista e entre eles o de Farmacia Hospitalaria. O Servizo de Farmacia participa na formación de residentes na especialidade dende o ano 1979.

O Servizo de Farmacia, a través da Comisión de Docencia, oferta rotacións en diferentes áreas do servizo a farmacéuticos en período de formación procedentes de outros hospitais. O contido formativo figura nun Plan de formación especifico. As áreas de formación ofertadas son: monitorización farmacocinética, antibioterapia e atención farmacéutica ao paciente xeriátrico.