h1

Purificación Cid Silva, farmacéutica responsable

O Servizo de Farmacia ten a oportunidade de xerar un importante fondo de coñecemento científico xa que desenvolve unha intensa actividade asistencial relacionada con actividades clínicas e con actividades de soporte loxístico. Temos que ter en conta que o contacto da Farmacia coas actividades clínicas proporciona un marco ideal para o plantexamento de interrogantes cuxa solución se logre a través da investigación.

Fundamentalmente esta actividade céntrase na elaboración de comunicacións científicas a congresos, trasladando tamén algo da súa produción ao ámbito de publicacións en revistas científicas. Cada vez se realiza un maior esforzo destinado á este tipo de publicacións, especialmente en revistas con factor de impacto para dar máis visibilidade aos traballos de investigación do noso servizo.

Este obxectivo está alineado coa INICIATIVA 2020 da SEFH, que tien unna línea estratéxica en relación coa investigación, co fin de aumentar as aportacións científicas dos farmacéuticos de hospital.