h1

A ecografía é unha técnica de diagnóstico por imaxe, que pode ser practicada por vía vaxinal ou abdominal (segundo a época da xestación e condicións) e que permite ver ao feto e a contorna no que está (placenta, líquido amniótico, etc.). 


ecografía fetal

Que resultados ten actualmente?

Aínda que a ecografía permite detectar anomalías morfolóxicas, a precisión da técnica ou a súa capacidade de detectar malformacións (taxa de detección) está ente o 18 e o 85%, cunha media do 56% e depende de:

  • A semana da xestación en que se realice (máis fiable ao redor das 20 semanas). 
  • O tipo de anomalías (algunhas non se visualizan ecográficamente ou son de aparición tardía). 
  • As condicións da xestante que poidan facer máis difícil a exploración (obesidade, pouca cantidade de líquido amniótico ou outras).
  •  A propia posición do feto.

Que outras cousas se deben ter en conta? 

  1. A ecografía só pode informar de posibles anomalías físicas, e non de defectos conxénitos doutra natureza (bioquímicos, metabólicos, xenéticos, cromosómicos, etc.). Por tanto, unha ecografía con resultado normal non garante que o bebé naza sen alteracións e/ou discapacidade intelectual. 
  2. Nalgúns casos, a detección dunha anomalía será forzosamente tardía (infeccións fetais, algunhas anomalías dixestivas, obstrucións urinarias e intestinais, trastornos do desenvolvemento do esqueleto, etc.), dado que tales patoloxías orixínanse ou se manifestan nunha etapa avanzada da xestación. 
  3. A ecografía, aínda que orienta sobre a evolución do feto, non ten por si soa un valor absoluto para asegurar o benestar fetal. 

En cada exploración será informada dos controis ecográficos periódicos convenientes no seu embarazo, dos seus resultados e as súas limitacións. A frecuencia e tipo de exames dependerá das condicións específicas do embarazo. Non dubide en consultar calquera dúbida ou cuestión coa súa obstetra ou con calquera dos médicos do Servizo de Obstetricia e Xinecoloxía. 

Asistencia ás salas de Ecografía Prenatal:

  • Desaconséllase o uso de cremas hidratantes e/ou aceites na zona abdominal os 2-3 días previos á exploración ecográfica. 
  • Retire piercings da área abdominal/xenital. 
  • Por favor, comuníquenos se é vostede alérxica ao látex.
  • Como norma xeral non é necesario que acuda coa vexiga chea. A necesidade de realizar a exploración coa vexiga chea ou baleira depende de varios factores e será informada polo obstetra que vai realizar a proba.
  •  A vía de abordaxe (abdominal/vaxinal ou ambos os) dependerá de varios factores e será informada durante/previa exploración. 
  • Rógase acuda puntual á súa cita. 
  • Permitirase a entrada á sala de ecografía a un acompañante maior de idade (Non está permitido o paso en caso de menores). O persoal de consulta informaralle de cando pode pasar o seu acompañante.
  •  Non está permitida a obtención de fotografías e/ou a realización de vídeos nas salas de ecografía