h1

  • A cirurxía torácica vídeo-asistida consiste en realizar a cirurxía indicada en cada caso (pulmonar, pleural ou mediastínica) a través dunha pequena incisión e con visión
    por medio dunha cámara de vídeo.

VATS.png



  • O noso servizo é pioneiro na VATS uniportal, iniciada en xuño de 2010, realizando unha única incisión de 3-5 cm na zona lateral do tórax. Actualmente, realizamos o 90-95% das cirurxías por esta abordaxe.

VATS2.png

  • Esta é unha forma do que chamamos cirurxía minimamente invasiva que ten importantes vantaxes para o paciente:
    • Menos dor postoperatoria e a longo prazo, xa que se realiza pouca agresión da parede torácica e non se necesita separación costal.
    • Estancia hospitalaria máis reducida (por termino medio 2-4 días).
    • Ao ter menos dor, a mobilización é mellor e o paciente pode realizar vida normal sen esforzos desde a alta.
    • Recuperación máis rápida para a vida laboral e de forma especial para o inicio de tratamentos oncolóxicos posteriores.
    • Como se trata dunha cirurxía con abordaxe menos agresiva, permite que pacientes seleccionados con maior comorbilidade, idade avanzada ou capacidade pulmonar reducida poidan ser operados.