Horario
O horario de citación nas unidades de consultas dos distintos centros do Complexo Hospitalario está establecido desde as 8:00 horas até as 15:00 horas, con excepción do Centro de especialidades do Ventorrillo, onde o horario é continuado desde as 8:00 da mañá ata as 21:00 horas.
Documentación
Para solicitar unha cita para consultas ou para a realización de probas diagnósticas nalgún dos centros do Complexo Hospitalario, vostede deberá ter un documento que así o acredite.
No caso de que se trate dunha primeira visita vostede deberá ter unha folla de interconsulta do médico que fai a derivación na cal se indique a que servizo se dirixe.
Se o motivo polo que vén ao Complexo é unha revisión, vostede deberá dispor dun cartón da consulta á que debe acudir. Nela débese indicar en que prazo deberá volver á mesma, aínda que tamén é válido un informe no que conste esta indicación.
As consultas indicadas polos médicos do hospital (revisións ou consultas noutra especialidade) deben tramitarse nos mostradores de admisión do hospital.
Finalmente, se se trata de probas, deberá ter unha folla de petición emitida polo médico. Nela indícase a proba que se debe realizar.
Lembrámoslle que as citas de para as especialidades hospitalarias e probas diagnósticas solicitadas polo seu médico de atención primaria deberá tramitalas no seu centro de saúde.
Teléfonos
A continuación pode consultar os números de teléfono e fax das distintas unidades de citación:
Hospital Universitario A Coruña:
981178107 / 981178204
Hospital Teresa Herrera:
981178108 / 981178248
Hospital Marítimo de Oza:
981178210 / 981178301
Hospital Abente y Lago:
981142800 / 981205375
Hospital Virxe da Xunqueira: 981706196 / 981706186
Centro de Especialidades do Ventorrillo:
981142800 / 981178163
Centro de Especialidades de Carballo:
981756668 / 981700216
Centro de Especialidades de Betanzos:
981771092 / 981770312
É preciso indicar que non todas as citas poden ser facilitadas por vía telefónica, polo que, cando chame, nos teléfonos de citación indicaranlle se é posible facilitarlle unha cita ou é necesario que presente unha folla de petición nalgún dos puntos de citación do Complexo Hospitalario, trámite que pode facer de modo presencial ou tamén a través de fax ou de correo postal.
Ademais, no seu Centro de Saúde poderanlle informar de cales son as citas que lle poden facilitar no mesmo centro e para cales debe facer chegar a súa solicitude aos puntos de citación do Complexo Hospitalario.
Se o que vostede precisa é ANULAR unha cita, pode facelo chamando ao teléfono 981 952 950 tendo a man a súa tarxeta sanitaria.
No caso de solicitude de Atraso de cita, é preciso facelo con polo menos TRES días de antelación.
Cita previa en Atención Primaria:
Para solicitar unha cita no seu centro de saúde, pode facelo nesta
páxina web