h1

ACCESO Á HISTORIA CLÍNICA
 
Os usuarios teñen dereito a acceder a súa historia clínica e a obter os informes e resultados das exploracións que sobre o seu estado de saúde ou enfermidade se inclúan na mesma, así como unha copia de ditos documentos, de acordo co establecido na Lei 3/2001, de 28 de maio, do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes, e disposicións concordantes.
 
O procedemento regulado na Xerencia de Xestión Integrada A Coruña para o acceso a historia clínica debidamente acreditado establécese do seguinte xeito:
 
O acceso do paciente a súa historia clínica realizarase a través da plataforma É.saúde ou ben a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde
 
É.saúde
 
É-Saúde é a ferramenta do SERGAS de comunicación co cidadán, accesible desde calquera lugar e dispositivo (ordenador, móbil, tableta...) que permite ao usuario o acceso a servizos e contidos de saúde personalizados.
 
Entre os servizos dispoñibles estarían non só a consulta do historial clínico, senón  tamén a consulta do listado de citas programadas no servizo galego de saúde, tanto de atención primaria coma de atención especializada, listado de medicación activa, imaxes de estudos radiolóxicos, etc.
 
Para acceder a contidos de especial protección, como sería o caso de acceso á historia clínica, debe acreditarse mediante DNIe ou credenciais do sistema Chave365.
 
Pode obter as claves do sistema chave 'Chave' dos seguintes modos:
 
  • Presencialmente, no seu centro de saúde
  • A través de internet, con certificado dixital (DNIe ou FNMT)
 
Pódese autorizar o acceso á historia clínica a través de E.saúde a terceiras persoas mediante acceso delegado.
 
NO CASO DE SOLICITUDE DE ACCESO Á HISTORIA CLÍNICA DE PERSOAL FALECIDAS
 
Presentarase unha solicitude ben no servizo de atención ao paciente ou ben en calquera rexistro administrativo, indicando o nome do paciente, motivo de acceso, e documentación á que desexa acceder.
 
Debe acompañar copia compulsada da documentación que acredita o dereito (a compulsa é de balde se aporta orixinal e copia nos rexistros administrativos):
 
  • Orixinal do Documento Nacional de Identidade do familiar ou representante que recolla a información.
  • Certificado de últimas vontades e, no caso de ter outorgado testamento, copia do derradeiro, en caso contrario deberá acreditar o parentesco ou representación do seguinte xeito:

 

  • Familiar directo (cónxuxe non separado legalmente, fillos, pais, irmáns): libro de familia ou certificación do Rexistro Civil.
  • Parella de feito: certificado de convivencia, ou documento de inscrición no Rexistro de Unións de feito.
  • Familiar non directo: Documento admitido en dereito que acredite dita relación: testamento ou declaración de herdeiros e certificado de últimas vontades.
         

Unha vez recadada a documentación seralle comunicado para a súa recollida no Hospital Universitario da Coruña.

 

SOLICITUDE DE INFORMES CLÍNICOS
 
Todo paciente ou usuario ten dereito a que se lle faciliten os certificados acreditativos do seu estado de saúde. Estes serán gratuítos cando así o estableza una disposición legal ou regulamentaria.
 
Non se facilitarán informes de tipo pericial nin se realizarán exames ou probas biolóxicas voluntariamente solicitadas polos cidadáns ou realizadas por interese de terceiros, incluíndo recoñecementos e valoracións extraordinarias da capacidade funcional para o desempeño de actividades particulares ou habilidades específicas.
 
¿Ónde e cómo solicitar un informe de saúde?
 
  • No médico de familia, pediatra ou odontólogo de atención primaria:
    Mediante cita previa, indicando que precisa un informe de saúde. A entrega realizarase no propio centro de saúde.
  • Os Informes de atención especializada:
    Na consulta do seu especialista que posteriormente o incorporará a súa historia clínica podendo acceder ao mesmo a través da ferrramenta e.saúde ou a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde.

Para calquera información ou aclaración pode enviar a súa consulta a través do servizo Contacte.