Polo seu interese, antes de formalizar a súa solicitude lea atentamente esta información
A Lei estatal 41/2002, do 14 de novembro, e na Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes establece que o paciente ten dereito de acceso á documentación que obre na súa historia clínica, agás determinadas excepcións que contemplan.
Para o exercicio deste dereito pode:
- Acceder a súa historia clínica electrónica do Servizo Galego de Saúde a través da plataforma E-SAÚDE [http://esaude.sergas.es]
- Dirixirse ao servizo de Atención ao Paciente do Hospital ou do seu Centro de Saúde, onde lle informarán e orientarán sobre o tipo de dereito e os seus requisitos e lle entregarán o formulario de solicitude de documentación clínica.
- Tamén pode descargarse o formulario de solicitude neste enlace e entregalo presencialmente no Hospital ou no seu Centro de Saúde, ou ben tramitalo por calquera medio dos que dispón a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Acreditación de requisitos para solicitar / Retirar documentación clínica:
Paciente:
Representante legal ou apoderado/ autorizado do paciente:
- Orixinal do DNI do solicitante.
a) Se o solicitante é representante legal ou apoderado do paciente:
Orixinal e copia de certificación da representación legal autorizada polo paciente; ou orixinal e copia da escritura notarial de apoderamento que habilite a posibilidade de acceso aos datos clínicos en nome do paciente.
b) Se o solicitante é autorizado polo paciente:
1. Orixinal da autorización asinada polo paciente, na que se identifique inequivocamente ao paciente, a persoa autorizada, o motivo da autorización de solicitude de documentación clínica, os documentos clínicos obxecto da solicitude e a data.
2. Copia de DNI do paciente representado.
Pai/nai de menores de 14 anos titulares da patria potestade do menor:
- Orixinal do DNI do proxenitor
- Orixinal e copia de libro de familia/ certificado de nacemento/certificado rexistral
Titor legal de menores de 14 anos/ persoas incapacitadas:
- Orixinal do DNI do titor legal
- Orixinal e copia da sentenza xudicial de nomeamento de titor legal.
Paciente falecido:
- Orixinal e copia de certificado de defunción (obrigatorio de non falecer nos centros hospitalarios do SERGAS).
- Orixinal do DNI do solicitante: cónxuxe ou persoa vinculada por relación de feito; ascendentes e descendentes directos de 1º grao de consanguinidade (pais, fillos); polos parentes colaterais de 2º grao de consanguinidade (irmáns) en caso de non existir de 1º grao e no resto se está debidamente argumentado.
- Orixinal e copia da documentación acreditativa do parentesco ou vinculación co falecido (libro de familia; certificado de inscrición no rexistro de parellas de feito; certificado de convivencia).
- No caso de persoas con outros graos de vinculación familiar ou de feito, orixinal e copia da documentación acreditativa do vínculo familiar ou de feito (testamento, declaración de herdeiros; outros documentos admitidos en dereito).
Por un terceiro, por risco obxectivo para a súa saúde:
- Orixinal do DNI do solicitante.
- Acreditación documental do risco obxectivo para a saúde, fundamentado en criterios científico técnicos.