h1

1. Documentos necesarios
      
Os ingresos programados son realizados a través do Servizo de Admisión, presentando os seguintes documentos:
 
  • DNI
  • Tarxeta Sanitaria ou documento acreditativo do seu seguro.
  • No caso de dispor de  informe médico, radiografía, probas, etc., realizadas nun centro sanitario que non pertenza ao Servizo Galego de Saúde, é importante que os traia consigo.
 
Se desexa que non se coñeza que está ingresado debe advertilo no momento do ingreso. O  Hospital garantirá a confidencialidade dos seus datos  (Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, protección de Datos de carácter persoal).
 
Unha vez realizados os trámites administrativos, unha persoa do centro acompañarao á unidade de hospitalización.
 
2. Obxectos Persoais
 
É conveniente que traia a súa bolsa de aseo, ademais doutros obxectos persoais que necesite, tales como: bata, zapatillas, lentes de contacto, audífonos, próteses dentais, etc.
 
Recomendámoslle que non traia obxectos de valor para evitar posibles perdas. Non entanto hai unha caixa forte no Hospital á súa disposición.
 
O Hospital non se fai responsable dos obxectos non depositados na caixa.
 
Calquera dúbida, o persoal está a súa disposición.
      

3. A Medicación 
      
Se se está tomando medicación en casa, é conveniente que llo comunique ao seu médico, así coma se ten algún tipo de alerxia ( alimentos, látex, contrastes).
 
Unha vez no hospital non debe tomar medicamentos sen coñecemento do persoal.
 
Se é vostede fumador, interesaralle saber que non está permitido fumar en todo o edificio.
 
 
 

Enlaces relacionados Enlaces relacionados