1. Documentos necesarios
Os ingresos programados son realizados a través do Servizo de Admisión, presentando os seguintes documentos:
- DNI
- Tarxeta Sanitaria ou documento acreditativo do seu seguro.
- No caso de dispor de informe médico, radiografía, probas, etc., realizadas nun centro sanitario que non pertenza ao Servizo Galego de Saúde, é importante que os traia consigo.
Unha vez realizados os trámites administrativos, unha persoa do centro acompañarao á unidade de hospitalización.
En cumprimento da Lei de Protección de Datos, non podemos facilitar información sobre a ubicación das persoas ingresadas. Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais. Reglamento (UE) 2016/679 - Reglamento Xeral de Protección de Datos.
2. Obxectos Persoais
É conveniente que traia a súa bolsa de aseo, ademais doutros obxectos persoais que necesite, tales como: bata, zapatillas, lentes de contacto, audífonos, próteses dentais, etc.
Recomendámoslle que non traia obxectos de valor para evitar posibles perdas. Non entanto hai unha caixa forte no Hospital á súa disposición.
O Hospital non se fai responsable dos obxectos non depositados na caixa.
Calquera dúbida, o persoal está a súa disposición.
3. A Medicación
Se se está tomando medicación en casa, é conveniente que llo comunique ao seu médico, así coma se ten algún tipo de alerxia ( alimentos, látex, contrastes).
Unha vez no hospital non debe tomar medicamentos sen coñecemento do persoal.
Se é vostede fumador, interesaralle saber que non está permitido fumar en todo o edificio.