h1

alta.png

CONDICIÓNS DA ALTA
 
O médico/a é quen decide cando está en condicións de proceder a alta hospitalaria, que lla comunicará con antelación para organizar o seu retorno ao domicilio. Se fose necesario a continuidade de coidados trala alta, o equipo de saúde de Atención Primaria será o encargado do seu equipamento. En ocasións pode precisar dun periodo de coidados ata a súa recuperación ou apoio paras as actividades da vida diaria.

No caso de ter dificultades a este respecto, informámoslle que no hospital existe un Servizo de Traballo Social que lle pode axudar e asesorar neste proceso.
 
HORARIO
 
Para facilitar a preparación do cuarto para o próximo ingreso deberase deixar libre a habitación antes das 11.00h da mañá, sempre que sexa posible.
 
Se por calquera circunstancia non puidese facelo antes dese horario rogámoslle que llo comunique con antelación ao persoal de enfermaría que lle indicará onde pode esperar. A súa colaboración é moi importante e axudará a outras persoas que necesiten ingresar.
 
INFORME MÉDICO DE ALTA
 
Daráselle un informe coa evolución do seu proceso durante a estancia no Hospital, onde lle especificará o tratamento e as recomendacións que deberá seguir no seu domicilio ou centro sociosanitario.

O seu médico/a de Atención Primaria e enfermaría do Centro de Saúde terán acceso aos seus informes de alta e ao seguimento do seu proceso de saúde mediante a historia clínica electrónica.
 
  • No caso de que precise unha revisión, ou seguemento en atención especializada, comprobe no informe de alta se consta o día e a hora da súa cita en consultas externas. No caso de non conste, comprobe se é necesario que a tramite vostede.
 
No seu Centro de Saúde, o médico/a e o persoal de enfermaría terán acceso aos seus informes de alta e á información do seu proceso de saúde, mediante a historia clínica electrónica, para apoiar o seu tratamento e as recomendacións a seguir no seu domicilio.
 
  • Despois da alta hospitalaria o persoal de enfermaría do seu Centro de Saúde poñerase en contacto telefónico con vostede (nun prazo que non exceda as 72 horas, tal como se recolle no Programa CONCECTA 72) para preguntarlle se ten algunha dúbida sobre os seus coidados e verificar que se están levando a cabo.

ALTA VOLUNTARIA
 
Se por calquera motivo quixese abandonar o Hospital con anterioridade á alta médica, deberá asinar a alta voluntaria, esta exime ao equipo sanitario de calquera responsabilidade
Cando unha alta voluntaria se considera que pode comprometer a súa saúde ou a de outras persoas de maneira importante, o/a médico responsable comunicará ao xulgado de garda que pode dar unha orde de ingreso involuntario.
 
OBXECTOS PERSOAIS
 
Antes de abandonar o Hospital, asegúrese de que leva consigo todas as súas pertenzas.

Enlaces relacionados Enlaces relacionados