h1

CONDICIÓNS DA ALTA
 
O seu médico é quen decide cando está en condicións de abandonar o hospital. Unha vez recuperado o seu médico notificaralle a alta.
 
HORARIO
 
Para facilitar a preparación do cuarto para o próximo ingreso deberá abandonalo antes das 11.00h da mañá, sempre que sexa posible.
 
Se por calquera circunstancia non puidese facelo antes dese horario rogámoslle que llo comunique con antelación ao persoal de enfermaría que lle indicará onde esperar. A súa colaboración beneficiará outros.
 
INFORME MÉDICO
 
Daráselle un informe coa evolución do seu proceso durante a súa estancia no Hospital.
Así mesmo, no informe tamén se lle especificará o tratamento e as recomendacións que deberá seguir no seu domicilio.
Para un mellor seguimento, entréguelle unha fotocopia dese informe ao seu médico de cabeceira.
 
  • No caso de que o seu médico recomende unha revisión, no informe de alta constará o día e a hora da súa cita en consultas externas.
 
No seu Centro de Saúde, o médico e o persoal de enfermaría continuarán o seu tratamento e indicaranlle as recomendacións a seguir no seu domicilio.
 
  • Unha vez dado de alta persoal de enfermaría do seu Centro de Saúde chamaralle por teléfono (nun prazo que non exceda as 72 horas) para preguntarlle se ten algunha dúbida sobre os seus coidados e verificar que se están levando a cabo.

Cando acuda ao Centro de Saúde, o seu médico de cabeceira poderá ler este informe na Historia Clínica.

ALTA VOLUNTARIA
 
Se por calquera motivo quixese abandonar o Hospital sen a autorización do médico, deberá asinar a alta voluntaria que exime ao equipo sanitario de calquera responsabilidade.
 
OBXECTOS PERSOAIS
 
Antes de abandonar o Hospital, asegúrese de que leva consigo todas as súas pertenzas.