h1

Para garantir o seu dereito á confidencialidade, a súa información clínica soamente se lle facilitará a vostede ou á persoa que designe.
Debe respectar o horario establecido de información médica aos familiares que é de 13.00 a 14.00h. Nalgunhas unidades especiais, o horario variará. Nos casos xustificados poderase facilitar información telefónica.
Sería conveniente que fose sempre a mesma persoa ou persoas as que acudisen á información médica, para optimizar a información e o tempo disponible do persoal médico. 

e_saude_logo.jpg 
Ten á súa disposición a plataforma É-Saúde, que lle permite acceder á súa historia clínica desde calquera dispositivo móbil ou fixo.
 
Documento de Consentimento Informado

Durante a súa estadía pode ser necesaria a práctica de probas ou exploracións. O persoal médico informaralle da necesidade da súa realización e os riscos inherentes ás mesmas. Vostede deberá formalizar a súa autorización, asinando o documento de Consentimento Informado.
Pregúntelle ao persoal médico todas as súas dúbidas para que teña unha información completa e axeitada que lle permita tomar a decisión que considere máis oportuna.