QUE É O COMITÉ DE ÉTICA ASISTENCIAL (CEA)?COMO ME PODE AXUDAR O COMITÉ DE ÉTICA ASISTENCIAL DA MIÑA ÁREA SANITARIA?
O Comité de Ética Asistencial (CEA) é un órgano consultivo ao servizo dos profesionais, os pacientes e as súas familias.
A súa función é asesorar e orientar, despois dunha rigorosa análise, na resolución de conflitos éticos que poidan xurdir dentro e fóra do labor asistencial.
O CEA ten por obxectivo final mellorar a dimensión ética da práctica clínica e a calidade da asistencia sanitaria.
É interdisciplinar formado por un equipo de persoas que representan diferentes ámbitos socio-xurídico-sanitarios.