h1

​Situado na planta baixa do Hospital A Coruña, é onde se realizan os test que supoñan risco e maior complexidade para pacientes alérxicos. 

Entre as actividades que se realizan no mesmo están: 
  • Realización de probas de alerxia a fármacos
  • Realización de probas de alerxia a con alérxenos inhalantes ou alimentarios. 
  • Realización de probas de tolerancia con alimentos
  • Probas de tolerancia medicamentosa
  • Administración de vacinas específicas contra veleno de himenópteros
  • Administración de anticorpos monoclonais para tratamento de enfermidades alérxicas
  • Realización de espirometrías (nestes momentos en suspenso por falta de instalacións adecuadas)
  • Procedementos de desensibilización con fármacos. A maior partes fanse na UCI, polo persoal de Coidados Intensivos, coordinadas pola Sección de Alergolxía. Noutras ocasións houbo que realizalas en Reanimación polo persoal de anestesia ou no noso Hospital de Día.