h1

As verduras e patacas cortaranse en anacos moi finos e deixaranse a remollo unhas horas cambiándolles a auga.
Pode utilizar verduras conxeladas.

A cocción será prolongada e con abundante auga, descartando a auga da primeira cocción.

Non utilizar fermentos para rebozados e repostería.

Non utilizar sales de réxime polo seu contido en potasio.

Debido ao alto contido de potasio de froitas e verduras, recoméndase non tomar máis dunha froita ou un prato de verduras na mesma comida.
Á hora de elixir un prato, é aconsellable consumilos pobres en potasio.

Froitas pobres en potasio:
Peras, mazás, amorodos, mandarinas e sandía.
Piña, pera e pexego en lata, sen almíbar (no almíbar está o potasio).
Compota de mazá e pera.

Verduras pobres en potasio:
Berenxena, cabaciña, cebola, leituga, cogombro, pemento verde e vermello, acelgas, xudías verdes e espárragos en lata.

Alimentos con alto contido en potasio que debe de EVITAR
Froitos secos, chocolate, plátano, cereixa, kiwi, froitas desecadas.


Se ten dúbidas sobre o contido en potasio dalgún alimento, non o tome ata consultar.