h1

  • Manter unha boa hixiene e aseo diario.
  • Manter a cura limpa e seca, se se despega ou se molla o apósito, realizar a cura como lle indicamos (limpe a inserción con clorhexidina e cubra con gasas estériles ou cun apósito). 
  • Utilizar  roupa adecuada e evitar elementos que poidan producir acodaduras no catéter ou rozamentos no túnel subcutáneo (tirantes, cadeas etc.)
  • Absterse de realizar actividades de risco como baños de inmersión, traccións sobre o catéter ou o uso de obxectos cortantes preto deste.
  • Comunicar ao persoal calquera incidencia co catéter e en caso de eventualidade grave (sangrado, extracción accidental, febre..) acudirá ao seu centro de referencia. 
  • Se presenta sangrado, presione sobre a inserción cunhas gasas estériles e acuda ao centro de referencia. 

Ante calquera dúbida chame ao seu centro de referencia.