h1

AUTOANÁLISE: 
Lave as mans con auga tépeda e xabón e séqueas.
Pique na parte lateral do dedo e presione suavemente.
Introduza a tira na máquina.
Recolla a pinga de sangue.
Conserve o frasco ben tapado.
Comprobe que as tiras non estean caducadas.

ADMINISTRACIÓN DA INSULINA PRECARGADA
Retire o capuchón e axite a insulina de arriba abaixo polo menos 10 veces.
(Esta operación é só necesaria se se utiliza insulina en suspensión)
Colla a agulla e enrósquea
Seleccione a dose.
Inxecte a insulina na zona seleccionada (Rotar ditas zonas). Presione o pulsador para inxectar a insulina e mantéñao pulsado 10 segundos. Non deixe de pulsalo ata retiralo.
Non fregar a zona da picada.

HIPOGLUCEMIA (Complicación aguda da diabetes)
Saber detectar os síntomas da hipoglucemia ou glicosa baixa é moi importante.
Levar sempre encima azucre ou alimentos azucrados para posibles emerxencias.
A hipoglucemia pode aparecer de maneira rápida e é necesario actuar rapidamente para tratala.
Posibles causas: 
Comer menos, atrasar ou esquecer unha comida ou un suplemento.
Vómitos ou diarrea.
Aumentar o exercicio sen axustar a insulina.
Excesiva dose de insulina.
Toma de alcol que potencia o efecto da insulina.
Síntomas de aviso: 
Existen varios síntomas de aviso e en cada persoa poden ser diferentes.
Tremor, suor fría, palpitacións, fame, palidez, dor de cabeza, somnolencia, irritabilidade, agresividade, cambio de carácter, confusión, visión dobre ou borrosa, lingua ou boca encortizadas, conduta anómala, perda de conciencia.
Cando aparece algún dos síntomas de aviso debe de tratar a hipoglucemia rapidamente. En caso contrario pode ir a máis e en ocasións, chegar ata o "coma hipoglucémico".



EN CASO DE HIPOGLUCEMIA TOME UN DESTES ALIMENTOS INMEDIATAMENTE: 

2 culleradas de azucre ou 3-4 galletas ou 1 cullerada de mel ou medio vaso de refresco azucrado sen alcol.

Se para a próxima comida falta máis de 1 hora tome un pequeno suplemento (unha rebanada de pan con queixo baixo en graxa, unha rebanada de pan con xamón cocido ou un equivalente a estes)

Ensine aos seus achegados a tratar a hipoglucemia por se vostede nalgún momento non é capaz de tratala.
Leve sempre encima alimentos para tratar a hipoglucemia e dispoña tamén deles no traballo, colexio, coche e comunique aos seus achegados onde os garda.

ALIMENTACIÓN
Baséase nunha dieta equilibrada, sa e adaptada ao estilo de vida das distintas persoas.
Ten dúas características diferenciadas das persoas non diabéticas:
Restrición ou gran moderación no consumo de azucres (pasteis, azucre, algunhas froitas e refrescos azucrados).
Distribución da dieta en 4-6 comidas ao día.

EXERCICIO
A práctica regular de exercicio físico é unha parte fundamental do tratamento e debe de adaptarse á idade, condición física, presenza de enfermidades asociadas, etc.
Debe de iniciarse de forma progresiva, camiñar, nadar... e ir adaptando a insulina a esta situación.

Continúe aprendendo sobre a súa diabetes.