Asistencia aos pacientes con diversas patoloxías: A nivel asistencial a Unidade centra o seu labor no diagnóstico, tratamento e manexo dos pacientes.
Ademais a Unidade oferta un programa específico para o seguimento de pacientes con fibrose quística, enfermidade inflamatoria intestinal, soporte nutricional do paciente con cardiopatía conxénita e asistencia integral para pacientes con trastorno da inxesta alimentaria con ou sen disfunción oral motora.