Na consulta de Nefroloxía Infantil realízase o seguimento de pacientes coas seguintes patoloxías:
- Glomerulopatías: glomerulonefrite aguda, nefropatía por Ig A, nefropatía de Schönlein-Henoch, nefropatía membranosa, glomerulonefrite membranoproliferativa, glomerulonefrite rapidamente progresiva, nefropatía lúpica, afectación renal nas vasculitis, hematurias familiares, protocolo diagnóstico da hematuria e protocolo de estudo da proteinuria.
- Síndrome nefrótico: córtico-sensible, córtico-dependente e córtico-resistente.
- Tubulopatías: síndrome de Fanconi, glucosuria renal, hiperaminoacidurias, Síndrome de Bartter, hipomagnesemia familiar con hipercalciuria e nefrocalcinosis, enfermidade de Gitelman, acidosis tubular renal, diabetes insípida nefrogénica.
- Hipertensión arterial (valoración, diagnóstico e enfoque terapéutico).
- Urolitiasis: hipercalciuria idiopática, hiperoxaluria, litiasis renal por ácido úrico, hipocitraturia, cistinuria, hipercalciuria asociada a malformacións renais.
- Enfermidades hereditarias: poliquistosis renal autosómica dominante, enfermidade renal poliquística autosómica recesiva, complexo nefronoptise, enfermidade quística medular, enfermidade glomeruloquística, enfermidade de Alport.
- Síndrome urémico hemolítico (incluído atípico).
- Infeccións urinarias, uropatías e patoloxía vesical (vexiga neuróxena).
- Enfermidades nefrourolóxicas: refluxo vesicoureteral, válvulas de uretra posterior, estenose pieloureteral, ureterocele, megauréter, ril displásico multiquístico, poliquistosis renal.
- Redución de masa renal e tratamento renoprotector.
- Enfermidade renal crónica (ERC) estadios I a IV. Manexo das complicacións médicas da ERC: anemia, nutrición, crecemento, hipertensión arterial, osteodistrofia, corrección de acidose e alteracións de iones.