A Xerencia de Xestión Integrada A Coruña quere que os seus centros desenvolvan pautas de actuación que reduzan continuamente o seu impacto ambiental promovendo unha contorna sustentable, de protección e respecto ao Medio Ambiente que contribúa á mellora da saúde.
Este interese polo coidado do medio ambiente mostrouse desde as súas orixes, e materializouse en 1996 coa creación dunha Unidade de Xestión Ambiental que dependente da Dirección de Recursos Económicos da cobertura a todas as áreas en materia de xestión ambiental.
Durante estes anos foron numerosos os pasos dados, cambiando pautas de actuación e mellorando a xestión dos recursos.
A xestión dos residuos sanitarios, pola súa variedade, cantidade e natureza, é a variable ambiental máis importante nun centro sanitario. A Xerencia de Xestión Integrada A Coruña implantou en 1998 o primeiro Plan de xestión de residuos, aprobado pola Dirección Xeral de Saúde Pública no ano 2.000 e renovado en 2016. Desde entón puxéronse en marcha, con excelentes resultados, medidas para a
Favorecendo así a seguridade, tanto para os pacientes como para o persoal que os manexa, minimizando o risco de problemas ambientais, contribuíndo á mellora da saúde pública.
No relativo á mellora da eficiencia enerxética en 2015 comezou a desenvolverse un Plan de Eficiencia Enerxética nos centros da Xerencia. As súas principais áreas de intervención son:
A renovación das instalacións posibilitou ademais a xestión dos consumos de auga e o control das verteduras ao sistema de Saneamento.
A Xerencia de Xestión Integrada A Coruña ten implantado un Sistema de Xestión Ambiental que lle permite sistematizar, todos os procesos que poidan xerar impacto sobre o medio, e asegurar que as actividades desenvoltas nos seus centros minimizan a xeración de residuos, as verteduras e as emisións, poténciase o consumo responsable de enerxía, auga, e de produtos consumibles, e cúmprese a normativa legal de aplicación tanto nas instalacións como na xestión. Dispón do certificado do Sistema de Xestión Ambiental segundo os requisitos que establece a norma ISO 14001:2015
Todos estes cambios cara á creación dunha nova conciencia ambiental, esixen unha adecuada educación e sensibilización de todos os traballadores. A Xerencia de Xestión Integrada A Coruña desenvolve actividades formativas e de sensibilización para promover entre o seu persoal a adopción de comportamentos respectuosos coa contorna.
A Dirección da XXIAC estableceu a Política Ambiental, manifestando a súa vontade de respecto e compromiso coa contorna. Esta política ambiental ponse a disposición pública a través da WEB da Xerencia de Xestión Integrada A Coruña