h1

Calquera profesional pertencente á ASCC, persoal investigador ou entidade coa que o biobanco teña un acordo de colaboración, pode solicitar o uso das mostras do Biobanco A Coruña ou constituír unha colección de mostras biolóxicas humanas.

solicitude/deposito de mostras pode realizarse en base aos seguintes criterios:

  • ​Interese científico: poderá ter acceso ás mostras almacenadas no Biobanco A Coruña calquera grupo de investigación nacional ou internacional, sempre que os fins para os que se soliciten sexan exclusivamente de investigación e sexan considerados de suficiente interese científico. Os peticionarios destes servizos deberán cumprir os requisitos determinados polo Biobanco A Coruña no seu Regulamento interno de funcionamento sobre cesión de mostras biolóxicas humanas e datos clínicos para investigación biomédica. 
      
  • ​​Interese clínico: as mostras son necesarias para realizar algunha proba dentro da atención sanitaria que se lle está proporcionando á persoa da que se obtiveron (mostras asistenciais).
      
  • Utilización en ensaios clínicos.

No apartado DOCUMENTOS_Solicitude de mostras poden atoparse os formularios para a solicitude de mostras, a cal deberá de vir acompañada dunha copia do proxecto científico e do dictamen favorable do comité de ética correspondiente.

As mostras que queran ser depositadas no biobanco por parte dos servicios hospitalarios/investigadores deberán vir acompañadas do formulario  BIOH-FPO-01-01 Formulario de depósito de muestras líquidas.docxBIOH-FPO-01-01 Formulario de depósito de muestras líquidas.docx BIO​H-FPO-01-02 Formulario de depósito de muestras tisulares.docx​ e do formulario de consentimento informado firmado que pode atoparse no mesmo apartado (DOCUMENTOS_Consentimento informado​).

A constitución dunha nova colección deberá ser solicitada mediante o formulario ​BIOH-FPO-01-04 Formulario de establecimiento de colecciones de muestras.docx​