h1

O Biobanco A Coruña constitúese tamén como unha Unidade de Apoio do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), composto polos grupos de Investigación do ASCC e a Universidade da Coruña (UDC). Este servizo estrutúrase en dúas plataformas:

Asesoramento técnico-xurídico: en materia de obtención, procesamento, almacenamento e cesión de mostras biolóxicas humanas e datos clínicos, para o seu uso en investigación biomédica.

Servizos centrais: Extracción de ADN e cuantificación mediante espetrofotometría, PCR mediante termociclador de gradiente, escaneado de preparacións histolóxicas, cultivos celulares, etc. (Consultar carteira de servizos en http://www.inibic.es/portfolio-items/biobanco/)