h1

Empresa

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE, DIRECCIÓN DE RECURSOS ECONÓMICOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE. SERVIZO DE APROVISIONAMENTO

Certificado

ER-1264/2005 AENOR

Norma

UNE-EN ISO 9001:2015

Alcance

A xestión do catálogo central de produtos do Servizo Galego de Saúde (altas e modificacións de artigos consumibles, provedores, códigos EAN e fichas comerciais e vinculación dos centros sanitarios ao catálogo central).

A realización de informes de prezos de produtos consumidos en unidades orgánicas do Servizo Galego de Saúde (material sanitario e non sanitario, de laboratorio, implantes, radiológico, lenzaría e vestiario).

A realización de informes de recomendación sobre pregos de prescricións técnicas e condicións económicas de produtos consumidos en unidades orgánicas do Servizo Galego de Saúde sometidos a autorización da división de recursos económicos (material sanitario e non sanitario, de laboratorio, radiológico, implantes, lenzaría e vestiario).

O asesoramento e coordinación de compras agregadas mediante concursos públicos ordinarios e acordo marco.

A realización de informes de importes de compras e existencias de material (sanitario e non sanitario, de laboratorio, radiológico, implantes, lenzaría e vestiario) para os centros sanitarios e xerencias de atención primaria do Servizo Galego de Saúde.