h1

A UCF (Unidade de Cardiopatías Familiares) intégrase dentro do Servizo de Cardioloxía do CHUAC.  Pero á súa vez forma unha unidade funcional xunto con outros servizos do complexo. Así son imprescindibles na súa actividade os Servizos de Cirurxía Cardíaca, Radioloxía, Cardioloxía Pediátrica, Anatomía Patolóxica, Neuroloxía, Nefroloxía, Pneumoloxía, Medicina Interna, Xenética e o Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA)

A función investigadora cúmprea grazas á súa colaboración co Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e as súas relacións con outros centros a través de redes de investigación como o Centro de Investigación Biomédica en Rede-Cardiovascular do Instituto de Salud Carlos III (CIBERCV-ISCIII).​​

Unidadfuncional.png
51-CHUAC.png

51-INIBIC.png