h1

"A maioría dos pacientes que atendemos na nosa Unidade non precisan ingreso hospitalario e os estudos realízanse de forma ambulatoria nas nosas consultas externas".



Debido á a disposición dos espazos na nosa área sanitaria, a consulta externa de cardiopatías familiares ten diferentes localizacións nos diferentes centros hospitalarios do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac)


41.pngLuns pola mañá no Hospital A Coruña na  planta baixa do hospital (sala ou consulta A052). Está consulta está localizada na área da unidade de Insuficiencia cardíaca avanzada e transplante cardíaco, pero o luns pola mañá está dedicada ás cardiopatías familiares. Esta consulta aparecerá nas súas citas como ACA23.

42.pngMartes pola tarde no Hospital Abente e Lago na primeira planta do edificio de consultas (sala ou consulta 110). nas que realizamos un "screening" a todos os familiares dos pacientes que foron diagnosticados dunha cardiopatía familiar. Nesta consulta, tamén de acordo con os protocolos da unidade, realízase polo menos unha anamnese, exploración, electrocardiograma, extracción de sangue para estudo xenético e un ecocardiograma. Este permítenos realizar, nun acto único (consulta de alta resolución), todas as probas necesarias para o "screening" familiar. Esta consulta aparecerá nas súas citas como MCA33.

42.pngMércores pola mañá no Hospital Abente e Lago na primeira planta do edificio de consultas (sala ou consulta 110), na que se citan primeiras consultas e as revisións. Nela realízase, de acordo con os protocolos da unidade, o estudo daqueles pacientes remitidos á nosa unidade con diagnóstico de sospeita dunha cardiopatía familiar, e as revisións periódicas daqueles pacientes xa diagnosticados. Esta consulta aparecerá nas súas citas como MCA34.

42.pngVenres pola mañá no Hospital Abente e Lago  na primeira planta do edificio de consultas (consulta 110), na que se citan revisións e realízanse ademais ecocardiogramas se son necesarios, nun acto único. Esta consulta aparecerá nas súas citas como MCA35.

43.pngDous venres pola mañá de cada mes, aténdese unha consulta conxunta con Cardioloxía Pediátrica en Hospital Teresa Herrera (sala ou consulta B025). O obxectivo desta consulta é ver aos pacientes menores de 14 anos que son familiares dos adultos seguidos no resto de consultas. Realízase ecocardiograma, electrocardiograma e realízase extracción de sangue para estudo xenético se está indicado. Tense en proxecto abrir unha consulta conxunta na que poidan ser valorados no mesmo día tanto os adultos como os nenos da mesma familia para diminuír o número de visitas ao hospital, facilitar informacións conxuntas sobre a enfermidade (adultos/nenos) e en definitiva facilitar o acceso ao hospital das familias que sofren unha cardiopatía familiar. Esta consulta aparecerá nas súas citas como BCA14/BCA15.

41.pngUn venres pola mañá de cada mes, aténdese conxuntamente co servizo de Neurología unha consulta de enfermidades xenéticas cardio-neurológicas na área de consultas integradas da 4ª planta do Hospital A Coruña (sala ou consulta A448). Nesta consulta xunto coa neuróloga (Dra. María José García Antelo) atendemos os pacientes con enfermidades neuromusculares: Duchenne, Steinert, Amiloidosis TTR familiar etc. Dispoñemos dun ecocardiograma para realizar no mesmo acto médico todas as probas requiridas. Esta consulta aparecerá nas súas citas como AM1201.

41.pngOs xoves de 8:00 a 12:00 da mañá realízanse na 8ª planta do  Hospital A Coruña, nas camas monitorizadas reservadas, os test de ajmalina para detectar a síndrome de Brugada. Esta probas realízanse sempre que teñamos camas dispoñibles.