h1

Os pacientes da nosa unidade que requiren estar hospitalizados, por agravamento do seu estado ou para realización dalgunha proba diagnóstica (cateterismo cardíaco, estudo electrofisiológico, etc.) ou terapéutica (ablación septal, miectomía, implantación de desfibriladores), ingresan na planta de cardioloxía do HUAC. 
Os cardiólogos da planta de cardioloxía, en contacto permanente cos cardiólogos da nosa unidade son os responsables da atención aos pacientes cunha cardiopatía familiar que precisa hospitalización. Se algún paciente cunha cardiopatía familiar ingresase noutro servizo médico/cirúrxico do HUAC, mediante interconsultas interservicio, decidirase o traslado á planta de cardioloxía ou ben o seguimento regular durante o ingreso noutro servizo.