h1

No hospital tamén se realiza unha actividade intensa de investigación. É posible que algún profesional sanitario lle coménte a posibilidade de ser incluído nalgún estudo. Todos os estudos que se realizan no noso centro deben pasar por un comité ético e de investigación para asegurar que cumpre os requisitos de seguridade necesarios.investigacion.png
A participación nos estudos de investigación é totalmente voluntaria e libre. En calquera momento, mesmo despois da firma do consentimento pode decidir abandonar o estudo. Solicite unha copia da información que lle faciliten e da folla de consentimento que asine.
A función investigadora cúmprea grazas á súa colaboración co Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) (Cardiopatías Familiares e xenética cardiovascular - INIBIC ) Os estudos de investigación son fundamentais para o desenvolvemento da atención aos nosos pacientes. Os centros máis prestixiosos teñen sempre unha actividade investigadora moi activa. Teña en conta que os tratamentos que actualmente se lle ofrecen tiveron que pasar por un esixente proceso de investigación previamente no que participaron outros pacientes con anterioridade.