h1

docencia_1.PNGÉ posible que se lle solicite a súa autorización para o uso dos seus datos clínicos de forma anonimizada con fins docentes. O CHUAC é un centro docente adscrito á Universidade da Coruña e á Universidade de Santiago e está comprometido coa formación de persoal sanitario (médicos, enfermeiras e auxiliares de enfermería) xeneralistas e especialistas. É importante destacar que no noso centro completan a súa especialización máis de 100 especialistas do sistema nacional de formación MIR.

Ademais moitos cardiólogos doutras comunidades e países rotan pola nosa unidade para ampliar a súa formación en cardiopatías familiares. Por iso, de cando en vez, verá que na consulta estaremos máis persoal do que lle presentamos previamente. Os médicos e enfermeiras da consulta presentaranlle adecuadamente aos posibles médicos rotantes que poidan vir visitar a nosa UCF.