h1

Fundamentalmente, son a dor pélvica e a infertilidade.

A dor pódese manifestar de distintas maneiras:

  • Menstruaciones dolorosas (dismenorrea). É o síntoma máis frecuente.
  • Relacións sexuais dolorosas (dispareunia).
  • Dor periovulatoria.
  • Dor pélvico crónica, sen relación co ciclo menstrual.
  • Dor ao miccionar (disuria).
  • Dor ao defecar (disquecia) que en ocasións vai asociado a alteracións do hábito intestinal (estreñimento ou diarrea).
  • Sangrado menstrual abundante en pacientes que presentan adenomiose.
  • Sangrado irregular.
  • Rectorraxias e/ou hematuria catamenial (sangue nas feces ou nos ouriños en relación co periodomenstrual).
  • Dor torácica, dor por afectación de raíces nerviosas (ciático, etc.).
  • Problemas reprodutivos: esterilidade (incapacidade para concibir) ou infertilidade (abortos).


Por tanto, o conxunto de síntomas que engloba a paciente afectada de endometriose pode ter un impacto importante na súa calidade de vida.

Endometriose-Sintomas.JPG