h1

queimados5.jpg
A Unidade de Queimados ocupa a sexta Planta do Edificio Anexo Horizontal do HUAC (Edificio Sur), con acceso a través da 4ª Planta do Edificio Principal por ascensores e escaleiras.
Todos os pacientes queimados manéxanse no mesmo espazo físico cunha área de 1030 metros cadrados.

Instalacións
  • Área de hospitalización (Área de acceso restrinxido ao persoal sanitario). A Unidade está dotada con 10 camas e atópase distribuída da seguinte forma:
    • Cinco habitacións individuais de hospitalización e unha dobre (habitación específica de pediatría con cama adicional para acompañante)
    • A Unidade de Queimados ocupa a sexta Planta do Edificio Anexo Horizontal do HUAC (Edificio Sur), con acceso a través da 4ª Planta do Edificio Principal por ascensores e escaleiras.
      Todos os pacientes queimados manéxanse no mesmo espazo físico cunha área de 1030 metros cadrados.
    • Tres boxes de críticos con illamento
    • Dúas salas con bañeira para curas e hidroterapia
    • Dúas duchas para pacientes
    • Control de enfermería da Unidade, situado de tal forma que permite o control visual constante dos boxes de críticos
    • Despacho Supervisora de enfermería da Unidade
    • Unha sala de descanso de persoal
    • Habitación de médico de garda
    • Sala de xuntas

  • Área de consultas externas:
    • Secretaria/control de citas
    • Sala presoterapia/ortoprótese
    • Sala de curas e consulta inicial
    • Consulta de seguimento
    • Despacho médico
    • Tres salas de espera (incluíndo sala de espera de familiares), área de vestiario, despachos de billetes e dous aseos

  • Área cirúrxica:
    • Un quirófano dotado de todo o material necesario para o tratamento cirúrxico dos pacientes queimados (malladores, dermatomos eléctricos e manuais, hidrobisturí, etc)
    • Antequirófano e área de lavado cirúrxico
    • Almacén
    • Zona de limpo e zona de sucio
​​
queimados6.jpg