h1

Para ofrecer unha atención de alta calidade e especialización, o servizo atópase dividido en varias unidades que se distribúen nos distintos Hospitais do complexo. 


Unidade de cirurxía plástica xeral
A planta de Hospitalización atópase localizada na 6º planta do Hospital A Coruña. Dispón de 23 camas compartidas co servizo de Reumatoloxía. 
Dispón dun quirófano diario na 3º planta e un quirófano de urxencias. Semanalmente dispón dun quirófano concertado no Hospital San Rafael.
As consultas externas están situadas na 3º planta do Hospital A Coruña nas salas 310 e 311.

Unidade de queimados
 A Unidade de queimados atópase na 6º planta do Hospital A Coruña. Posúe integrado dentro da unidade un quirófano, a planta de Hospitalización e as consultas externas.

Unidade de man:
A súa actividade principal lévase a cabo no Hospital Abente e Lago. Ten un quirófano diario na 2º planta (quirófano 3), aínda que unha parte das intervencións son realizadas no resto de quirófanos dos que dispón o servizo dentro do complexo. Os quirófanos dispoñen dunha área de espertar que permite levar a cabo cirurxía maior ambulatoria (cirurxía sen ingreso) e dunha planta de hospitalización.
As consultas externas están situadas na 5º planta do Hospital Abente E Lago, na sala 514. 

Unidade de mama: 
A unidade de mama do cirurxía plástica atópase integrada dentro da Unidade multidisciplinar de mama do Hospital Abente e Lago, compartindo con ela a área de consultas, quirófanos e a planta de Hospitalización. Dispón dunha consulta semanal, polo menos un quirófano semanal no que se realizan cirurxías en colaboración co resto de especialidades que integran a unidade de mama e camas para ingresos cirúrxicos 
As consultas externas atópanse situadas na 1 planta do Hospital Abente e Lago (sala 139).

Unidade de microcirurxía: 
A unidade de microcirurxía desenvolve a súa actividade de maneira colaborativa con cada unha das unidades do servizo.