h1

A orde das cirurxías non se deciden ata o mesmo día, polo que pode ser que teña que esperar a súa quenda. 
  • Debe ter en conta que nalgunhas ocasións pode ser necesario permanecer o día enteiro no hospital, dependendo da súa recuperación, e ás veces é preciso o ingreso hospitalario.
  • A unidade está estruturada con salas abertas, con cadeiras ou camas. As camas están separadas por mamparas/cortinas para maior privacidade.
  • O seu acompañante deberá permanecer na sala de espera anexa á unidade de CMA.
    •  Serán informados cando o paciente vaia entrar no quirófano. 
    •  Á finalización da cirurxía o anestesiólogo e o cirurxán informarán do procedemento.
    •  Tamén serán informados polo persoal cando se poida acompañar o paciente nas salas de recuperación e do momento da alta.
  • Para recibir a alta hospitalaria da CMA, o paciente deberá de cumprir uns requisitos establecidos pola unidade, que serán verificados pola enfermaría e anestesiólogo.