h1

  • Vostede será levado á sala de recuperación postanestésica, onde será monitorizado e atendido polo persoal para comprobar a súa correcta recuperación.
  • Se vostede recibiu anestesia xeral ou sedación profunda é normal que se atope algo mareado ou confuso ao principio. Pode notar algo de irritación na gorxa debido a que precisou de algún dispositivo para axudalo a respirar mentras estaba anestesiado.
  • Se vostede recibiu anestesia locorrexional de membros superiores ou local, a maioría das veces os pacientes terán que ir á sala de Recuperación ao Medio onde se lle ofrecerá algo de comida e bebida antes de que poida ser dado de alta.
  • Se vostede recibiu anestesia locorrexional de membros inferiores (epidural ou intradural), habitualmente irá a Reanimación ou ao Hospital de Día ata que desapareza o efecto da anestesia, tras o cal pasará á sala de Recuperación ao Medio onde se lle ofrecerá algo de comida e bebida antes de que poida ser dado de alta.