h1

  • Procure seguir as indicacións médicas e tome a medicación según as recomendacións dadas.
  • Se vostede recibiu anestesia xeral
    • --> Non use maquinaria nin conduza nas primeiras 48 horas
    • --> Beba abundantes líquidos e coma cousa lixeiras.
    • --> Non tome alcohol nin drogas nas primeiras 24 horas.
  • Se vostede recibiu anestesia local ou locorrexional
    • --> Será informado de cando poderá conducir ou manexar maquinaria
    • --> Beba abundantes líquidos e coma cousas lixeiras
    • --> Para evitar a dor postoperatoria, os efectos analxésicos da anestesia poden ser prolongados. Siga as recomendacións dadas para evitar riscos de caídas ou quemaduras.
  • O acompañante deberá permanecer no domicilio nas primeiras 24 horas para axudar ao paciente co aseo, a comida e para facilitar a toma de medicación. Ademais vixiará que non aparezan complicación postoperatorias, coma o sangrado, infección, dor intensa..
  • O día seguinte da cirurxía recibirá unha chamada da enfermaría da unidade para valorar a súa evolución e aclararlle as súas dúbidas.