h1

En decembro de 1974 nace a Unidade de Queimados na primeira planta do antigo Hospital Juan Canalejo, adscrita ao Servizo de Cirurxía Plástica e Reconstructiva, sendo considerada desde entón una das senais de identidade do hospital. No ano 1988 é remodelada para incluír na mesma un quirófano propio e unha área de consulta.
 
Nas súas orixes, o labor médico asistencial tanto de pacientes críticos como non críticos era realizada polos Cirurxiáns Plásticos do Servizo. O avance dos coñecementos médicos e o desenvolvemento de novas técnicas fixo necesario evolucionar cara a unha Unidade Multidisciplinar, englobando na asistencia diaria aos médicos especialistas en Medicina Intensiva e en Anestesia e Reanimación, implicados no complicado manexo cirúrxico do paciente queimado.
 
En 2002 comezan as obras de construción da nova Unidade de Queimados na 6ª planta do bloque Norte do hospital, que culminará coa súa inauguración varios anos despois. Así, a nosa Unidade convértese nunha verdadeira Unidade integrada e moderna onde todos os pacientes queimados manéxanse no mesmo espazo físico cunha área de 1030 metros cadrados.

A Unidade presenta unha área de hospitalización destinada á atención do paciente queimado con 6 habitacións individuais, unha delas con 2 camas para pacientes pediátricos, e unha Unidade de Críticos con 3 boxes de illamento. Ademais, dispón dun quirófano para a actividade cirúrxica urxente e programada, dúas salas para procedementos de curas e hidroterapia, unha área de Consultas Externas cunha abordaxe médica e de enfermería. Todo iso coordinado polo Servizo de Cirurxía Plástica e Reconstructiva.

Desde o 2008 a Unidade de Queimados é unha das Unidades de Referencia Nacionais (CSUR), recoñecidas polo Ministerio de Sanidade, dando cobertura a unha poboación de máis de 2 millóns de persoas de forma directa.

No ano 2017, froito dun intenso traballo e colaboración entre todos os estamentos, obtense a certificación na Norma UNE-NISO 9001:2015, recoñecendo na Unidade de Queimados un sistema de xestión de calidade.