h1

PROXECTO LUMBRE  é unha revista on-line editada pola Unidade de Queimados do CHUAC, unha publicación periódica con interese científico e divulgativo que reúne contidos sobre prevención, diagnóstico e tratamento de diferentes entidades clínicas estreitamente vinculadas pola presenza de insuficiencia cutánea. Pretende abordar desde un enfoque multidisciplinar os aspectos médicos, cirúrxicos e coidados no sentido amplo, ao longo do proceso desde a prevención á cronicidade.

O contido e información desta revista foi redactado por profesionais debidamente cualificados con todo esta información non constitúe un asesoramento personalizado senón un servizo ofrecido con carácter informativo. As opinións recollidas nas distintas páxinas son de carácter xeral e poden non ser válidas para un caso concreto. 

Destinatarios: Proxecto Lume está dirixido a profesionais de atención primaria, centros socio sanitarios, emerxencias e urxencias que puidesen estar implicados na atención deste grupo heteroxéneo de pacientes.