h1

  • Probablemente recomendarémoslle a realización dunha histeroscopia desde as consultas de xinecoloxía ou o servizo de urxencias, onde se lle explicará unha primeira vez de que se trata este procedemento e por que llo recomendamos.
  • Unha ou dúas semanas antes da cita, será informada do día e a hora desde a Secretaría de Xinecoloxía. Lembre avisar se está a sangrar e de dicirnos a data da súa última regra no caso de que sexa vostede premenopáusica.
  • Habitualmente o mellor momento para realizar a proba son os días posteriores á regra. 
  • O día da súa cita recomendámoslle almorzar ben e acudir acompañado. 
  • A consulta de histeroscopia é un espazo amplo e adaptado, cuxo uso é exclusivo para a devandita actividade. Unha vez na consulta será recibida polo noso equipo que resolverá as dúbidas que teña antes de iniciar a proba, e faralle entrega dun camisón e unhas calzas.
  • A histeroscopia realízase estando vostede en posición xinecolóxica e introducindo a fina cámara pola vaxina, a canle endocervical e a cavidade uterina. Todo iso baixo visión directa.
  • Ao non ser necesario o uso de espéculo, pódese realizar vaginohisteroscopias a mulleres que nunca tivesen relacións sexuais. Ademais conseguimos diminuír as molestia e as complicacións. 
  • Ao comezo da histerosocopia notará líquido (soro fisiolóxico) frío ao que rapidamente se afará.
  • A parte máis molesta da proba adoita ser o paso do endoscopio polo orificio cervical interno, momento no que adoita sentirse un pouco de presión e molestias similares ás da regra, que ceden nuns segundos. 
  • Unha das vantaxes de realizar a histeroscopia en consulta é que podemos falar e comunicarnos durante o procedemento. 
  • Tras realizar unha exploración exhaustiva valoraremos se é preciso realizar biopsias ou algún tipo de tratamento. Para iso usaremos tesoiras e pinzas milimétricas; ou ben lle informaremos do cambio de instrumento para poder realizar a morcelación das devanditas formacións.
  • Os morceladores son instrumentos que permiten o corte e a aspiración dalgunhas lesións uterinas como pólipos, miomas ou restos ovulares. 
  • Co fin de que o procedemento sexa o máis agradable realizámolo nun ambiente distendido e tranquilo, axudadas de música para reducir a tensión e a ansiedade tan relacionados coa dor. 
  • A taxa de éxito da proba supera o 90%.
  • As causas máis frecuentes do fracaso de la técnica da histeroscopia en consulta son a dor, a estenosis cervical e unha mala visualización.