h1

Considérase unha técnica segura cunha baixa porcentaxe de efectos indesexables. Os especialistas con experiencia aseguran o máximo rendemento e fiabilidade na súa execución e minimizan á súa vez o risco de complicacións.


A frecuencia de complicacións descritas a curto prazo é moi baixa, menor de 0,13% para histeroscopias diagnósticas e menor de 0,95% para terapéuticas. 

A frecuencia de complicacións a longo prazo tamén é moi baixa, do 0,001% a 1 ano.

  1. Trauma uterino: Aquí englobamos laceraciones do cérvix e perforación uterina. A súa frecuencia está entre o 0,002 e o 1,7%.
  2. Síncope vasovagal: En ocasións o paso a través do orificio cervical interno (OCI) pode desencadear hipotensión e mareo. É máis frecuente que ocorra en pacientes nulíparas, en posmenopáusicas e en pacientes sometidas a unha conización. A mayoría resólvese de forma espontánea. 
  3. Sangrado: É unha complicación pouco frecuente na histeroscopia en consulta. Para previlas, en primeiro lugar é moi importante unha correcta selección dos casos para realizar en consulta.
  4. Complicacións infecciosas: A presenza de infección tras unha histerosocpia é extremadamente rara, menor do 1%.