h1

  1. Podo realizar a proba durante a regra?
    Non. Habitualmente o ideal é realizar a histeroscopia en primeira fase do ciclo tras a regra.
  2. Teño que acudir en xaxún?
    Non. Recoméndase evitar o xaxún previo ao procedemento.
  3. Necesito algunha medicación específica antes ou despois da proba?
    Xeralmente non se precisa ningún tratamento previo. Se se prevé unha miomectomía ou unha polipectomía, en ocasións, recomendamos anticonceptivos orais 10-30 días antes da histeroscopia. No caso de que exista unha estenosis da canle do pescozo uterino (endocervix) que impida avanzar coa cámara cara á cavidade uterina, probablemente darémoslle unha nova cita con preparación cervical. Para iso pedirémoslle que se poña un comprimido de misoprostol na vaxina a noite previa ao procedemento e outro comprimido a mesma mañá.
  4. Require anestesia?
    En xeral non se require anestesia. En casos de cérvix pechados e ríxidos utilízase anestesia local. 
  5. Doe?
    É unha proba ben tolerada grazas ao pequeno calibre dos histeroscopios. De todos os xeitos, o principal motivo de fracaso da histeroscopia é a dor. En xeral, defínese como dor leve a moderado que desaparece aos 5-10 minutos de finalizar a proba.
  6. Necesítase repouso e baixa laboral tras a proba?
    Non é necesario realizar repouso nin solicitar a baixa laboral.
  7. Que pasa se tomo anticoagulantes?
    A histeroscopia en consulta considérase unha técnica que se asocia cun risco baixo de sangrado en tomadoras de fármacos antitrombóticos. O seu médico de atención primaria ou xinecólogo informaralle se necesita realizar algún cambio no seu tratamento anticoagulante os días previos á histeroscopia.