h1

A ergometría ou proba de esforzo é unha técnica diagnóstica fundamental que se utiliza principalmente para a detección da angina de peito en pacientes con dor torácica e para valorar a resposta do corazón ante o exercicio. O seu uso na enfermidade coronaria fundaméntase na capacidade de poñer de manifesto alteracións cardiovasculares non presentes mentres o paciente está en repouso e que poden ocorrer co exercicio físico. 


En que consiste?
É unha proba consistente na realización dun esforzo físico nun ambiente vixiado para poder analizar como se comporta o seu corazón nesas condicións. O estudo do corazón realízase observando continuamente tanto o comportamento da tensión arterial como o electrocardiograma do paciente mentres camiña nunha cinta rodante similar ás que existen nos ximnasios.

Máis información