h1

 
Asesoramento anticonceptivo. 
A nosa misión é orientar ás usuarias para que poidan escoller libremente o método anticonceptivo que mellor se adapte ás súas necesidades e á súa situación persoal. 

Ademais ambos os centros imparten charlas grupais de anticoncepción ás que pode acudir calquera persoa que así o desexe. O horario destas charlas é os venres ás 10h no centro de Orillamar e luns, mércores e venres ás 9h no Ventorrillo. En caso de querer acudir débese chamar previamente centro xa que as prazas son limitadas.

Anticoncepción de urxencia
É a toma dun comprimido ou a inserción dun DIU de cobre tras manter unha relación sexual con risco de embarazo. En función do tempo transcorrido da relación de risco optarase por un método ou outro. Débese consultar canto antes pois a eficacia é maior canto antes se instaure a anticoncepción de urxencia.

Interrupción voluntaria do embarazo
Ofrecemos asistencia e seguimento a aquelas mulleres que decidan interromper unha xestación non desexada ou nos casos de interrupción por motivos médicos tanto da xestante como en casos de anomalías fetais. 

Prevención de enfermidades de transmisión sexual
Á hora de escoller un método anticonceptivo debemos ter en conta o risco de contraer unha enfermidade de transmisión sexual, sempre que exista risco de contaxio aconsellaremos o uso de dobre método. En caso de atoparnos ante unha destas ETS, tamén no centro ofreceremos o tratamento e seguimento máis adecuado.

Atención psicolóxica á problemática sexual e de parella
Os nosos centros contan con persoal formado en trastornos da sexualidade (ex: vaxinismo, anorgasmia, dispareunia, etc). Mellorar a sexualidade inflúe enormemente noutros aspectos da vida persoal, conxugal e familiar. Tamén se realiza terapia de parella e apoio psicolóxico na abordaxe multidisciplinar dos casos de disforia de xénero, entre outras.

 
No COF garantimos o respecto ás persoas ofrecendo unha aten​ción comprensiva e unha abordaxe multidisciplinar dos problemas