h1

Para terminar, é recomendable andar durante 5 -10 minutos antes de comezar cos exercicios de estiramento. 


Repetir cada exercicio entre 6 e 12 veces, se ten dificultades debe reducilos, baixar o ritmo ou parar se lle aparece fatiga.  Lembrar, os movementos deben facelos de forma suave e confortable.
É importante respirar de forma cómoda e regular.

Exercicio 1:  abrazarse cun só brazo mentres que a outra man o brazo colócase en horizontal á altura do cóbado empuxando cara atrás, manter a posición uns 15 segundos.  Despois facer os mesmo co outro brazo.  

x.jpg



Exercicio 2 : sentado no chan coas pernas flexionadas e as plantas dos pés xuntos, inclinarse cara a adiante coas costas rectas. Manter esta posición uns 15-20 segundos.

x2.jpg



Exercicio 3: cunha perna estirada e a outra flexionada inclinarse cara a adiante coas costas rectas. Manter esta posición uns 10 segundos e repetir coa outra perna.

x3.jpg



Exercicio 4:  tombado boca arriba flexiona unha perna e apóiea no chan mentres que achega a outra ao peito.  Manter uns 10 segundos e alternar o exercicio coa outra perna.