h1

Esta fase consistirá en 5 minutos de mobilidade articular.

É importante respirar de forma cómoda e regular.

Repetir cada exercicio entre 6 e 12 veces, se ten dificultades debe reducilos, baixar o ritmo ou parar se lle aparece fatiga. Lembrar, os movementos deben facelos de forma suave e confortable.

Exercicio 1: de pé coas pernas lixeiramente separadas e as costas rectas, virar a cabeza dun lado a outro.



Exercicio 2: realizar círculos lentos e amplos cos ombreiros cara a adiante e despois cara atrás. 



Exercicio 3: de pé coas costas rectas e as pernas lixeiramente flexionadas elevar suavemente un brazo por enriba da cabeza e despois o outro. 



Exercicio 4: inclinar lateralmente o tronco cara a un lado co brazo elevado e despois cara ao outro lado, sen facer rebotes.



Exercicio 6: coas mans sobre a cintura facer xiros amplos coa cintura nun sentido e posteriormente no contrario.



Exercicio 7:  elevar e descender alternativamente os talóns e as puntas dos pés manténdose no mesmo sitio.