h1

A infección persistente polo VPH de ALTO RISCO é o factor de risco principal para o desenvolvemento de lesións premalignas e cancro de pescozo uterino.

Existen diversos factores que contribúen a que a infección se manteña no tempo. Os máis importantes son: tabaquismo, alteracións no sistema inmune (inmunodepresión) e outras infeccións de transmisión sexual simultáneas.

As lesións de alto grao H-SIL/CIN 2-3 considéranse lesiones precursoras do cancro de colo ​uterino.
O VPH tamén se relaciona con lesións precursoras e cancro en vaxina, vulva e ano.