h1

Tanto a infección por VPH como as lesións premalignas do colo uterino son asintomáticas, a súa detección baséase na realización de Probas de Cribado ou Screening nas que se toma unha mostra da secreción do colo uterino mediante unha pequena espátula ou un cepillo que nos permitirá realizar:
  • Citoloxía cervical: a mostra das células que recubren o colo uterino é analizadas co microscopio. 
  • Proba de VPH: determina se hai infección e pode determinar o tipo de virus responsable.
As probas de Cribado reducen a incidencia e mortalidade por cancro de colo uterino entre un 70-80%.
Deben realizarse a mulleres de entre 25 e 65 anos no seu Centro de Atención Primaria.