h1

As mulleres con resultados anormais nas probas de cribado deben ser avaliadas mediante outros estudos: 
  • Colposcopia: consiste en explorar o colo uterino mediante un sistema de lentes de aumento chamado Colposcopio, que permite examinar con maior precisión (coma se estivésemos a ver cun microscopio). A paciente colócase en posición xinecolóxica e introdúcese un espéculo vaxinal coma se fóse a se lle realizar unha citoloxía. Aplícase mediante unha pequena gasa ou algodón, soro fisiolóxico, solución de ácido acético e lugol para poder diferenciar áreas sas de tecido con cambios relacionados co virus VPH.​
  • Biopsia de colo uterino: se a colposcopia detecta algunha alteración, realizarase unha pequena biopsia mediante unhas pinzas especiais. Este procedemento adoita realizarse sen ningún tipo de anestesia, en xeral, a molestia é escasa e tolerable. A biopsia permite obter o diagnóstico definitivo, esencial para determinar en que casos será necesario tratar ou en cales será suficiente con realizar controis periódicos dependendo do grao, características da lesión e tipo de paciente.