h1

Na maioría dos casos as lesións premalignas ou lesións de alto grao H-SIL/CIN 2-3 extírpanse para evitar o risco de progresión a cancro.

O termo conización significa a extirpación en forma "cónica" dunha parte do colo uterino. É un procedemento que se realiza en quirófano baixo técnicas anestésicas, por tanto é indoloro, e  que non require ingreso hospitalario. Recoméndase repouso relativo de 2 a 4 días, e durante o primeiro mes, evitar relacións sexuais, uso de tampones ou copas menstruales e baños de inmersión. Posteriormente recoméndase o emprego de preservativo nas relacións sexuais polo menos durante 6 meses.